AS ENERXÍAS RENOVABLES E A SOSTIBILIDADE:
CLAVES DE ACCESO AO BENESTAR?
Rosa María
Regueiro Ferreira
Universidade da Coruña
Recibido:
15
de novembro de 2012
Aceptado: 4
de abril de 2013
Resumo: Neste artigo preséntase unha discusión teórica
desde os enfoques da economía institucionalista e da economía
da enerxía sobre os elementos clave da fortaleza das enerxías
renovables para a consecución do benestar e da sostibilidade no medio
e no longo prazo de cara a conseguir un reparto máis equitativo dos
recursos e a garantir o propio sostemento do planeta Terra. A partir dunha
metodoloxía fundamentalmente descritiva e de análise, expoñeranse
diferentes posturas adoptadas a nivel mundial, sendo un dos seus obxectivos
lograr unha redución da pobreza a partir da implementación de
enerxías renovables. Tratarase de determinar, ou cando menos de explicar,
cal é o custo deste avance para os países pobres, se é
compatible co nivel mínimo de ingresos dos consumidores e se o custo
deste sistema enerxético sostible é menor que o do sistema tradicional
de recursos fósiles. Como conclusión, a adopción de prácticas
enerxéticas sostibles e de base renovable preséntase como unha
oportunidade de desenvolvemento para as rexións máis desfavorecidas,
sempre que estas sexan consideradas desde unha estratexia de actuación
integral e que contemplen vías alternativas de financiamento.
Palabras clave: Enerxías renovables / Economía
sostible / Benestar / Desenvolvemento sostible.