O PATRÓN DESIGUAL DE CRECEMENTO EUROPEO:
UNHA ANÁLISE SEMIPARAMÉTRICA A NIVEL REXIONAL
Daniel Rodríguez
González / Xavier Vence Deza
Universidade de Santiago de Compostela
Recibido:
15
de novembro de 2012
Aceptado: 14
de xuño de 2013
Resumo: O obxectivo deste traballo é analizar a relación
entre a desigualdade e a renda dispoñible equivalente a nivel rexional
e contrastar o tipo de relación existente entrambas as dúas
variables na Unión Europea (UE) no contexto do modelo de crecemento
neoliberal. Neste traballo estimamos un modelo con datos de panel mediante
o método de mínimos cadrados ordinarios (MCO) de efectos fixos
e, ademais, analizamos a posible existencia de autocorrelación espacial
no modelo e a necesidade de implementación de modelos espaciais. Unha
achega anovadora é a estimación mediante análise semiparamétrica,
que permite non condicionar a función relacional. A análise
semiparamétrica, a diferenza dunha análise non paramétrica,
permitiranos introducir outras variables mediante unha función lineal
definida como, por exemplo, a desigualdade inicial, a densidade de poboación,
o emprego en distintos sectores (industry mix) ou as transferencias. Esta
aplicación da análise semiparamétrica é una contribución
relevante deste traballo, xa que aínda é unha técnica
nova para o estudo da desigualdade.
Palabras clave: Desigualdade / Renda / Rexións europeas
/ Curva de Kuznets / Análise semiparamétrica.