EXCLUSIÓN SOCIAL NOS FOGARES ESPAÑOIS.
UN ESTUDO COMPARATIVO REXIONAL DURANTE O PERÍODO 2004-2008
Juana Domínguez
Domínguez / José Javier Núñez Velázquez
Universidade de Alcalá de Henares
Recibido:
10
de decembro de 2012
Aceptado: 14
de xuño de 2013
Resumo: Neste traballo lévase a cabo unha análise
do grao de exclusión social nos fogares españois tanto a nivel
nacional como por comunidades autónomas. Para alcanzar este obxectivo,
selecciónase un conxunto de indicadores cualitativos e cuantitativos
relacionados coa exclusión social, construíndose un indicador
composto sintético a partir deles que despois será utilizado
para o estudo do obxectivo formulado. Os datos utilizados, que abarcan o período
2004-2010, proceden do “Módulo de Exclusión Social”
da Encuesta de Condiciones de Vida (ECV), que é a enquisa española
integrada na European Union Statistics on Income and Living Conditions (EU-SILC),
coordinada pola Oficina Estatística Europea (EUROSTAT).
Palabras clave: Exclusión social / Indicadores sociais
/ Encuesta de Condiciones de Vida.