UNHA VISIÓN REXIONAL DA POBREZA EN ESPAÑA
NO MARCO DA CRISE ECONÓMICA ACTUAL
Alejandra María
Feal Pérez / María José Piñeira Mantiñán
Rubén Camilo Lois González / Francisco Durán Villa
Universidade de Santiago de Compostela
Recibido:
23
de novembro de 2012
Aceptado: 14
de xuño de 2013
Resumo: Este artigo pretende achegar unha visión rexional
da pobreza en España desde a perspectiva da Estratexia Europa 2020
facendo fincapé nos cambios derivados da crise económica. Esta
análise realízase tomando como marco o obxectivo de crecemento
inclusivo que fixa a Estratexia Europea 2020 (EU2020S), adoptada formalmente
pola Unión Europea no ano 2010, para reducir os niveis de pobreza e
exclusión social. O estudo de trece indicadores socioeconómicos
a nivel de comunidades autónomas (CC.AA.) e a identificación
de relacións entre os indicadores socioeconómicos da Estratexia
2020 permitiu: i) situar España e as súas comunidades autónomas
no contexto europeo, ii) poñer en evidencia cambios no contexto social
derivados da actual crise económica, iii) identificar relacións
entre as variables estudadas, e iv) propoñer clústeres de rexións
segundo a súa distancia aos obxectivos da Estratexia 2020.
Palabras clave: Estratexia Europa 2020 / Crecemento inclusivo
/ Pobreza / Rexión.