DESIGUALDADE E POBREZA EN GALICIA NOS ANOS 2007
E 2010.
COMO SE DISTRIBÚEN OS EFECTOS DA CRISE?
Fernando Corbelle
Cacabelos / Ángela Troitiño Cobas
Universidade de Santiago de Compostela
Recibido:
19
de decembro de 2012
Aceptado: 14
de xuño de 2013
Resumo: O obxectivo deste traballo é analizar os efectos
que a actual crise económica está producindo sobre a distribución
da renda en Galicia. Utilizamos tres variables clave: i) o ingreso dispoñible
equivalente; ii) o ingreso dispoñible equivalente excluíndo
as prestacións por desemprego, co obxecto de medir o efecto de tales
prestacións; iii) o ingreso dispoñible equivalente incluíndo
o aluguer imputado. Seleccionamos índices de desigualdade e pobreza
de boas propiedades (Gini, Atkinson, Theil, FGT) e, tomando como base os microdatos
da Enquisa de Condicións de Vida (ECV) do Instituto Galego de Estatística
(IGE), calculamos os niveis de desigualdade e pobreza e a súa variación
entre os anos 2007 e 2010. Os resultados mostran que a poboación con
menores ingresos diminúe a súa participación na renda
total, o que nos indica que a crise está afectando máis aos
máis pobres. Os índices de desigualdade e pobreza aumentan en
xeral, e con máis intensidade ao excluír as prestacións
por desemprego. A crise está modificando o mapa de pobreza en Galicia,
desprazándoo das áreas interiores máis avellentadas (con
pensións que actúan como escudo antipobreza) ás atlánticas
con poboación máis nova e máis afectada polo desemprego.
Palabras clave: Crise / Desigualdade / Pobreza / Galicia
/ Distribución da renda / Análise empírica.