Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the health-check domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/esculca/public_html/wp-includes/functions.php on line 6121
VI Encontro da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural | Grupo de Investigación ESCULCA

Novas do GI Esculca

VI Encontro da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural

19 Novembro 2024
Categorías: Novas

O vindeiro 5 de decembro a Cátedra Juana de Vega da USC organiza no campus Terra de Lugo, en colaboración co GI ESCULCA, a xornada para fomentar a colaboración entre a universidade e as iniciativas para a sustentabilidade e a xustiza no noso medio rural. Baixo o título “Arredor do Rural, aprendizaxes dende as voces das mulleres” levarase a cabo un día de actividades focalizadas no recoñecemento da labor pola innovación social no rural feita polo emprendemento das mulleres que o habitan, e pensada para promover a creación de sinerxías e a facilitación da colaboración con profesorado e estudantado unviersitario. 

Este evento xorde da colaboración entre a Cátedra Juana de Vega, destinada ó estudo e desenvolvemento de actividades sobre o papel das mulleres na economía e sociedade galega e no seu proceso de modernización, e o colectivo interdisciplinar Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural, formado por persoal universitario, estudantado e profesionais e activistas do medio rural, que levan tempo a promover a colaboración entre academia e medio rural a través de prácticas docentes e de investigación que difuminen os muros entre contextos e territorialicen o coñecemento.

Iniciarase a mañá na Escola Politécnica Superior de Enxeñería ás 10:30 cas palestras das profesoras Mar Perez Fra e e Elena Freire Paz, para logo ter unha sesión de microconversatorios entre os proxectos asistentes, dando espazo para o coñecemento mutuo e o fervedoiro de ideas.

A cooperativa A Carqueixa dos Ancares proporcionará o xantar na Facultade de Humanidade, de maneira que poida seguir a conversa informal.

Na tarde haberá unha feira na que diferentes organizacións poidan amosar o seu traballo a partir das 15:30, para logo deixar paso ó faladoiro entre experiencias de emprendemento socioeducativo, na que participarán as cooperativas Arabías, Amarelante, a asociación Darredor, o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas e a asociación de productoras Eo Alimenta. Un faladoiro que será gravado en formato podcast para ampliar o seu alcance. Rematarase o encontro ás 19:00 tentando elaborar unhas conclusións comúns”.

Consultar programa

Link de inscrición