A Profa. Paula Outón Oviedo, membro do GI Esculca, impartiu unha conferencia titulada “Dislexia: Comprendendo as súas bases e claves para unha intervención eficaz”, no marco da I Xornada de Neuroeducación e Pedagoxía.
Dito evento tivo lugar o pasado venres 24 de xaneiro no Museo Arte Contemporáneo de Vigo, baixo a coordinación da Asociación de Pedagoxía e Psicopedagoxía de Galicia (COPEGAL).
Ver Programa