Novas do GI Esculca

Alexandre Sotelino, Premio Alecrín na modalidade de Investigación

16 Xullo 2025
Categorías: Breves | Novas

O integrante do Grupo de Investigación ESCULCA, o profesor Alexandre Sotelino Losada, foi distinguido co XIV Premio Alecrín na modalidade de Investigación, outorgado pola FEGALCAT (Federación de Entidades Galegas en Cataluña) coa colaboración da Xunta de Galicia. O xurado puxo en valor a súa traxectoria académica no eido da xestión educativa da diversidade cultural, o seu compromiso co coñecemento como ferramenta de transformación social e a súa acción como activista cultural en defensa da cultura endóxena galega. Nesta edición, comparte galardón con outras figuras destacadas como María Manuela Díaz Orjales, Pedro Xosé Blanco Llano, Eva Veiga Torre, Miguel Anxo Seixas ou o Real Coro Toxos e Flores. O acto de entrega está prevista para o 7 de agosto no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol. 

Desde o GI Esculca queremos darlle os parabéns por este logro.