Novas do GI Esculca

O Coordinador do GI ESCULCA, profesor Miguel A. Santos Rego, visitou a República Dominicana entre os días 22 e 26 do mes de outubro convidado polo Instituto Superior de Formación Docente daquel país

26 Outubro 2018
Categorías: Breves | Novas

O Coordinador do GI ESCULCA, profesor Miguel A. Santos Rego, visitou a República Dominicana entre os días 22 e 26 do mes de outubro convidado polo Instituto Superior de Formación Docente (ISFODOSU) daquel país. Neses días, mantivo distintas sesións de traballo con directivos universitarios e pronunciou 3 Conferencias en distintas institucións de educación superior universitaria.