A Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebrou entre os días 12 e 21 de xuño a Semana da Integración, no marco do proxecto de apoio a persoas refuxiadas UNINTEGRA. As actividades que conforman esta semana foron: Exposición fotográfica “Persoas” (que conxuga fotografía e investigación para afondar nas consecuencias dos movementos migratorios e as crises humanitarias que se desencadean debido a conflitos bélicos), unha mesa redonda protagonizada por mulleres que amosarán a situación da muller solicitante de asilo e refuxiada, un ciclo cinematográfico na sala Numax e varias conferencias, entre outras