Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the health-check domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/esculca/public_html/wp-includes/functions.php on line 6121
Publicados dous artigos froito do traballo do GI ESCULCA | Grupo de Investigación ESCULCA

Novas do GI Esculca

Publicados dous artigos froito do traballo do GI ESCULCA

16 Abril 2020
Categorías: Artigos | Breves | Novas | Publicacións

Nos últimos días foron publicados dous artigos en revistas especializadas que se derivan de traballos de investigación do GI ESCULCA.

Por unha parte, os profesores Miguel A. Santos Rego, Mar Lorenzo Moledo e Diana Priegue Caamaño, xunto con Julio Torrado Quintela, son autores do artigo Variaciones en los hábitos de estudio en función del género y origen étnico-cultural del alumnado y su relación con el rendimiento escolar, que se publicou no volume 31 (número 2) da Revista Complutense de Educación.

Ademais, no volume 8 (número 2) da Revista Pedagogia i Treball Social, foi publicado o artigo Desarrollo comuntario, ocio y participación cívica en el medio rural. El entroido gallego, un estudio de caso, no que os profesores do GI ESCULCA Alexandre Sotelino Losada e Cristina Varela Portela comparten autoría con Miguel A. Rodríguez Fernández