Novas do GI Esculca

Proxecto de Aprendizaxe-Servizo: “Olladas: Culturas e Pedagoxía”

23 Febreiro 2021
Olladas
Categorías: Novas

No marco da materia Pedagoxía Intercultural, que coordina o Profesor Miguel A. Santos Rego estase a poñer en marcha “Olladas: Culturas e Pedagoxía”, unha plataforma para difundir, comunicar, reflexionar e, tamén, educar en temáticas vinculadas á xestión da diversidade cultural.

Para iso, un grupo de alumnado de segundo curso do Grao en Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela, coordinados por Alexandre Sotelino e David García, teñen creado diversas RRSS onde irán actualizando con diferentes novidades e debates.  Olladas enmárcase no proxecto de aprendizaxe-servizo PEINAS, que conta cunha longa traxectoria, pero que neste 2021 tense reformulado para adaptarse a esta nova realidade e as novas necesidades.

Animámosvos a que vos fagades seguidores nas diversas redes habilitadas Instagram, Twitter e Facebook.