Os profesores do GI ESCULCA Miguel A. Santos Rego e Ígor Mella Núñez veñen de publicar o artigo “The Evaluation of Social and Professional Life Competences of University Students Through Service-Learning” na revista Frontiers in Education. Neste artigo, que se deriva do traballo desenvolto nos dous proxectos de I+D sobre ApS na universidade, comparten autoría coas profesoras Concepción Naval (Universidade de Navarra) e Victoria Vázquez Verdera (Universidade de Valencia).