Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the health-check domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/esculca/public_html/wp-includes/functions.php on line 6121
Continuidade da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural | Grupo de Investigación ESCULCA

Novas do GI Esculca

Continuidade da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural

23 Setembro 2021
Arredor do rural
Categorías: Destacadas

Co novo curso que xa está a comezar, a Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural comeza tamén a súa actividade. Esta iniciativa, que pretende utilizar a Aprendizaxe-Servizo como punto de unión entre a universidade e a sociedade civil do medio rural, arrancou o pasado curso co diálogo entre colectivos e profesorado.

Os proxectos de Aprendizaxe-Servizo, que son o corazón da comunidade, persiguen os seguintes obxectivos:

  • Traballar polo sentido da educación aquí e agora e en conexión aos retos do medio rural e a sustentabilidade.
  • Aportar enerxía e creatividade ás alternativas de vida e xestión de recursos no medio rural
  • Democratizar a creación de coñecemento poñendo en diálogo saberes locais con saberes académicos

Algúns xa están en marcha, mais como seguinte paso apuntamos ao seguinte 26 de novembro, cando terá lugar un encontro tranfronteirizo e onde estudantes, profesorado e colectivos poderán crear novos vínculos e ideas.