Novas do GI Esculca

Novo contrato coa Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia

20 Outubro 2021
Categorías: Destacadas | Novas

O GI ESCULCA realizará un informe baixo o título “Estudo sobre os complementos retributivos autonómicos do profesorado universitario en Galicia. Unha análise comparada no conxunto de España” no marco dun novo contrato asinado coa Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia.

O obxectivo do estudo  é revisar o camiño percorrido en Galicia no desenvolvemento dos complementos adicionais retributivos de profesorado universitario, que situamos ao carón de iniciativas parellas noutras demarcacións autonómicas españolas, pensando  non so en ofrecer  unha  sistemática de datos, senón tamén un trazado razoable de posibles rutas a explorar no futuro (in)mediato, e que puideran ser de interese estratéxico para o desenvolvemento persoal e profesional nas universidades do SUG.