Novas do GI Esculca

Estadía de Anaïs Quiroga Carrillo na Facultade de Educación – Centro de Formación do Profesorado (UCM)

20 Outubro 2021
Categorías: Estadías

Dende o día 1 de outubro ata o 1 de novembro, a doutoranda Anaïs Quiroga Carrillo, do Grupo ESCULCA, realizará unha estadía co GIAFE (Grupo de Investigación de Antropoloxía e Filosofía da Educación) na Universidad Complutense de Madrid, co obxectivo de complementar a súa formación en actividades de investigación.