Novas do GI Esculca

Formación en Aprendizaxe-Servizo e Fondos Comunitarios de Coñecemento e Identitadade no Proxecto Monte Vivo

10 Marzo 2022
Categorías: Breves | Novas

O GI-ESCULCA ven colaborando, dun tempo a esta parte, co proxecto Monte Vivo do IES Félix Muriel, que construe ponte entre o monte comunal e as aulas a través das metodoloxías de Aprendizaxe-Servizo e Fondos Comunitarios de Coñecemento e Identidade, a través da investigación-acción elaborada por Gabriela Míguez, David García e a investigadora visitante Paloma Redondo.

Nas últimas semanas esta colaboración pasou tamén ao formato da formación, coa participación de David García nas dúas últimas sesións formativas deste proxecto, unha para profesorado do IES Félix Muriel sobre Comunidades Veciñais nos montes de Froxán (Lousame) e outra de extensión do proxecto Monte Vivo no IES As Vizocas no Grove.

Na web do proxecto Monte Vivo atopamos detalles de ámbalas dúas. Para máis información consultar as seguintes ligazóns:

https://rafasaco05.wixsite.com/website/post/bicultura-no-ies-as-vizocas

https://rafasaco05.wixsite.com/website/post/xornada-de-formaci%C3%B3n-do-profesorado-en-frox%C3%A1n