Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the health-check domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/esculca/public_html/wp-includes/functions.php on line 6121
Xornada #RompamosOSilencio. Por unha infancia libre de violencias: detección e intervención en caso de sospeita de abuso sexual a menores (5 de abril) | Grupo de Investigación ESCULCA

Novas do GI Esculca

Xornada #RompamosOSilencio. Por unha infancia libre de violencias: detección e intervención en caso de sospeita de abuso sexual a menores (5 de abril)

22 Marzo 2022
Categorías: Breves | Novas | Organización | Xornadas

Dende o Grupo ESCULCA, as profesoras Patricia Ruido e Bibiana Regueiro co soporte da Comisión de Cultura e Normalización Lingüistica da Facultade, organizan o vindeiro 5 de abril a Xornada “#RompamosOSilencio. Por unha infancia libre de violencias: detección e intervención en caso de sospeita de abuso sexual a menores”. Esta actividade exponse como un espazo pedagóxico de debate reflexivo ao redor das múltiples formas de violencia contra as/os menores. Nesta edición, en concreto, abordarase a problemática dos abusos sexuais na infancia (ASI). A través dunha conferencia-taller preténdese crear un espazo de reflexión e aprendizaxe ao redor dos abusos sexuais na infancia que permita as e os participantes recoñecer os sinais de alerta nas vítimas e incorporar as habilidades e estratexias fundamentais para a detección e a intervención nos casos de sospeita de abuso sexual. 

A actividade terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) entre as 16:00 e as 18:00 h.

As inscripcións estarán abertas dende o 21 de marzo ás 10:00h ata o 4 de abril ás 14:00h. Dadas as restricións de aforo o acceso será limitado, e a selección farase por orde de inscrición.  

Máis información

Formulario de inscripción