O alumnado da materia ‘Redacción Informativa’ do primeiro curso do grao en Xornalismo da USC, no marco dun proxecto de aprendizaxe-servizo, acaba de sacar á luz Proxecto Ikigai. Xornalismo colaborativo e transmediático pola saúde mental, unha publicación coa que se quere contribuír á mellora da información sobre esta cuestión que está a ser protagonista na axenda social. A guía foi realizada coa coordinación dos profesores José Casás, Xosé López e Ana Isabel Rodríguez Vázquez e conta coa colaboración do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o grupo de investigación ESCULCA. Proxecto Ikigai continúa o labor iniciado coa Guía de linguaxe inclusiva, a guía do Proxecto Xermolo e a guía do Proxecto Decode, redactadas polos alumnados de anos anteriores.
Publicada unha guía sobre xornalismo e saúde mental
27 Xuño 2022Categorías: Breves