Novas do GI Esculca

Unidade Didáctica Integrada – O Vento no Horizonte das Nosas Aldeas

27 Setembro 2022
Categorías: Breves | Novas

A Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural, coordinada dende o GI-ESCULCA, vén de publicar unha Unidade Didáctica Integrada para fomentar o pensamento crítico sobre a produción de enerxía na educación infantil.

O Vento no Horizonte das Nosas Aldeas adáptase ó novo currículum traballando as competencias clave e saberes básicos dunha maneira experiencial e transversal.

Inclúe como material o Álbum ilustrado: Unha carta prometedora.

Máis información