O profesor Geno Rodríguez, do GI Esculca, vén de acadar unha praza de Profesor Contratado Doutor, feito que supón a vinculación permanente na USC. Previa valoración do currículum vitae, defendeu o Proxecto de Actividades Docentes sobre a materia de “Motricidade Infantil” e o Proxecto Investigador sobre Aprendizaxe-Servizo (ApS) e Competencias Xenéricas/Transversais para a mellora da empregabilidade do alumnado universitario que cursa materias de Educación Física nos Graos en Mestre/a de Educación Infantil e Primaria e o seu posterior desenvolvemento profesional.
Dende o Grupo, queremos transmitirlle a nosa máxima noraboa.