Novas do GI Esculca

A profesora Mar Lorenzo, nova decana da Facultade de Ciencias da Educación

21 Outubro 2022
Fotografía de Mar Lorenzo Moledo
Categorías: Breves | Novas

Na Xunta de Facultade que tivo lugar o día 21 de outubro de 2022, a profesora Mar Lorenzo Moledo foi elixida nova decana da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Así mesmo, os profesores do GI ESCULCA Geno Rodríguez (vicedecano) e Jesús García (secretario) formarán parte dun equipo de goberno que completan as profesoras Lorena Casal, Belén Castro e María López Sández.

Desde o GI ESCULCA dámoslle os parabéns ao novo equipo decanal.