O proxecto coordinado polo Institut de Recerca Educativa da Universitat de Girona, vén financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación para realizar unha investicación sobre a noción dos Fondos Comunitarios de Coñecemento e Identidade e o desenvolvemento de proxectos educativos centrados neste concepto en diferentes centros de educación primaria e secundaria.
Estes desenvolveranse nas localizacións da provincia de Girona: Albóns, Soses, Banyoles e Celrá; nun barrio da cidade de Barcelona e no centro IES Félix Muriel de Rianxo. Neste último, levarase a cabo unha investigación-acción liderada polas membros do GI ESCULCA Gabriela Míguez e David García, encadrada no traballo feito no proxecto educativo “Biocultura pola sustentabiliade” coordinado polo profesor Rafael Saco e con profundas alianzas coa Plataforma de defensa do monte.