A profesora Iris Estévez, membro do GI ESCULCA, xunto coa profesora Alba Souto, membro do GI Mestura e o profesor Iván Jorrín Abellán da Kennesaw State University (USA) veñen de publicar o artigo “Creencias e integración de recursos digitales: un estudio con docentes universitarios de ciencias de la salud” na Revista Iberoamericana de Educación a Distancia. O traballo céntrase en analizar: a) as crenzas que posúe o profesorado universitario do ámbito de Ciencias da Saúde sobre a integración dos recursos dixitais na súa esfera laboral; e, b) o papel que xogan estes recursos no proceso de desenvolvemento profesional e no desempeño docente deste colectivo.