O Grupo de Investigación Esculca en colaboración co Concello de Xinzo de Limia organiza o Seminario “IMPLICACIÓN FAMILIAR E CÍVICO-SOCIAL NAS COMUNIDADES DE ACOLLIDA” que se desenvolverá presencialmente na vila limiá os días 18, 19, 25 e 26 de Novembro de 2022. Posteriormente, haberá tamén parte de formación a distancia na cal se reforzarán os contidos traballados.
Para máis información e matrícula débese contactar coa Área de Educación e Inmigración do Concello de Xinzo de Limia.