Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the health-check domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/esculca/public_html/wp-includes/functions.php on line 6121
Inauguración da exposición “A educación ten faciana de Muller” | Grupo de Investigación ESCULCA

Novas do GI Esculca

Inauguración da exposición “A educación ten faciana de Muller” 

12 Decembro 2022
Categorías: Breves | Novas

O proxecto  “A educación ten faciana de Muller” circunscríbese a materia de “Teoría e Historia da Educación Escolar” na que o alumnado realiza unha viaxe desde as principais figuras pedagóxicas da ilustración ata as/os referentes contemporáneos. Con todo, a pesar de que na actualidade a historiografía galega é basta, a atención as mulleres que contribuíron a sentar as bases do fenómeno educativo é aínda escasa. Referímonos a mestras e/ou, pedagogas no eido da educación en Galicia, que son absolutas descoñecidas para a maioría do alumnado, pese a que o ensino en particular e a educación en xeral son espazos tradicional e estéreo tipicamente asignados as mulleres. Neste sentido, o proxecto non só trata de comprometerse con esta realidade, senón que vai mais aló, dá resposta á unha necesidade social e educativa: educar dende perspectiva de xénero (ODS 5). Deconstruír a pegada androcéntrica neste eido é unha necesidade que se estende máis alá da propia materia, sendo necesaria dunha maneira transversal nas titulacións educativas, que seguen rexidas por referentes masculinos. 

Desta maneira, a materialización desta proposta deriva na elaboración de pósteres por parte do alumnado da materia. Nestes pósteres se abordan a mulleres referentes da educación na nosa contorna mais próxima, xa que, tampouco en Galicia a historia foi xenerosa coas mulleres.  

A inauguración da exposición dos traballos do alumnado circunscrita ao proxecto “A educación ten faciana de Muller”, terá lugar na Facultade de Ciencias da Educación (Edificio Xoán XXIII – Campus Norte) o vindeiro mércores día 14 de decembro as 16:00h. Esta exposición está financiada pola Comisión de Cultura e Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación (USC).