Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the health-check domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/esculca/public_html/wp-includes/functions.php on line 6121
Reunión inicial do proxecto Erasmus+ | Grupo de Investigación ESCULCA

Novas do GI Esculca

Reunión inicial do proxecto Erasmus+

15 Decembro 2022
Categorías: Breves | Novas

O día 15 de decembro de 2022 tivo lugar a reunión inicial (kick-off meeting) do proxecto Erasmus+ “Mobilización de recursos universidade-comunidade a través do ApS(M) para a inclusión de persoas migrantes/refuxiadas” (2022-1-ES01-KA220-HED-000087650). Este proxecto, que se enmarca na Acción Clave 2 “Cooperación entre organizacións e institucións de Educación Superior”, desenvolverase entre os anos 2022 e 2025 baixo a coordinación do GI ESCULCA.

Á reunión, que se celebrou telematicamente, asistiron representantes de todas as institucións participantes: Universidade de Santiago de Compostela (Coord.), University of Galway (Irlanda), Università degli studi di Verona (Italia), ACCEM (España) e Cooperativa sociale Glocal Factory (Italia). Nela organizouse o plan de traballo e a folla de ruta a seguir durante o ano 2023.