A Profa. Iris Estévez, membro do GI-Esculca (USC) e a Profa. Alba Souto do GI-Mestura (USC) deron comezo ó desenvolvemento do Proxecto de Investigación, no marco do Programa STEMbach da USC (bienio 2022-2024), que leva por título “¿Sentimos medo cando non dispoñemos do teléfono móbil?: Análise da nomofobia en estudantes de Educación Secundaria” xunto co IES Sofía Casanova de Ferrol. O proxecto dirixido por ambas profesoras está creado ao abeiro da Estratexia galega para a educación dixital, promove a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica e permite unha conexión directa co ensino universitario.