Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the health-check domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/esculca/public_html/wp-includes/functions.php on line 6121
Xornada: Educación, Artesanía E Inclusión: Novos Desafíos Para Vellas Demandas | Grupo de Investigación ESCULCA

Novas do GI Esculca

Xornada: Educación, Artesanía E Inclusión: Novos Desafíos Para Vellas Demandas

19 Abril 2023
Categorías: Novas

O vindeiro 28 de abril celebrarase no Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela a Xornada “Educación, Artesanía e Inclusión: Novos Desafíos Para Vellas Demandas”. Esta formación é o culme do proxecto de Aprendizaxe-Servizo “Hermes” coordinado pola profesora do GI Esculca Iris Estévez Blanco. Asemade, preténdese a posta en valor da actividade profesional e social de diferentes entidades do ámbito da discapacidade e a promoción e difusión dun novo modelo de inserción laboral das persoas con diversidade funcional xunto coa Fundación de Artesanía de Galicia (Xunta de Galicia). Dúas entidades do sector que realizan pezas de artesanía co selo de Artesanía de Galicia exporán tamén os seus produtos na xornada.

Asistirán, ademais, entidades do sector coas que a USC ten proxectos con persoas voluntarias en marcha, e dende a Fundación de Artesanía invitarán a artesáns galegos, a fin de que se xere un espazo de aprendizaxe e intercambio de información entre os diferentes axentes involucrados.

Ver programa

A inscripción será gratuita na seguinte ligazón