Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the health-check domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/esculca/public_html/wp-includes/functions.php on line 6121
Participación no “Programa Mentor A203 Trabajando mano a mano para mejorar: tutorías individualizadas” | Grupo de Investigación ESCULCA

Novas do GI Esculca

Participación no “Programa Mentor A203 Trabajando mano a mano para mejorar: tutorías individualizadas”

25 Abril 2023
Categorías: Breves | Novas

A profesora do GI ESCULCA ,Iris Estévez, comezou neste mes de abril a formar parte do “Programa Mentor A203 Trabajando mano a mano para mejorar: tutorías individualizadas” baseado nas palancas do Catálogo PROA + (Dirección General de Bilingüismo y Calidad de la Enseñanza-Subdirección General de Programas de Innovación y Formación del Profesorado), en calidade de conferenciante en diferentes webinars e cursos formativos. 

O obxectivo do programa é profundizar dun modo teórico – práctico na palanca A203 “Trabajando mano a mano para mejorar: tutorías individualizadas”. O obxectivo da actividade palanca é, de forma global, deseñar, aplicar e avaliar un plan de atención persoal do alumnado  en situación de vulnerabilidade para mellorar os resultados académicos e reducir as tasas de fracaso escolar. Deste xeito, a meta principal deste proceso de formación continua obedece ó desenvolvemento de coñecementos, destrezas e actitudes por parte do profesorado tutor-individual para a elaboración dunha proposta contextualizada (que responda ás características do centro e do alumnado participante) da actividade palanca e a implementación exitosa de dita proposta. 

Máis información