Os membros do GI Esculca Alexandra M. Rodríguez Gil, Alexandre Sotelino Losada e Kateline de Jesus Brito Tavares veñen de publicar o artigo titulado “O impacto da migración de retorno en Galicia: Unha visión desde a pedagoxía social”. O citado traballo recóllese no número 85 da Revista Galega de Educación.