Novas do GI Esculca

XV Seminario Nacional Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante

11 Xullo 2023
Categorías: Destacadas | Novas

O GI ESCULCA organiza o XV Seminario Nacional Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante, que nesta edición centrarase na abordaxe desta realidade dende a perspectiva de xénero. O Seminario celebrarase en formato presencial na Facultade de Ciencias da Educación (USC) os vindeiros 3 e 4 de novembro de 2023. 

Ademais, tense solicitado a homologación á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades como actividade de formación permanente do profesorado (12 h).

Consultar programa

Na seguinte ligazón poderase facer a inscrición (gratuíta e prazas limitadas).