Novas do GI Esculca

Formación básica para alumnado universitario en Aprendizaxe-Servizo no eido da migración e refuxio – ApS(M)

20 Setembro 2023
Categorías: Novas

O GI Esculca organiza no marco do proxecto Erasmus+ “Mobilising university-community resources through SL(M) for the inclusion of migrants/refugees” [2022-1-ES01-KA220-HED-000087650] un curso para alumnado universitario en Aprendizaxe-Servizo no eido da migración e refuxio. Esta formación é gratuíta e conlevará un recoñecemento de 6 horas por parte do SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria) da USC. 

Programa:

Sesión 1: Análise das necesidades sociais das persoas migrantes/refuxiadas (ACCEM) = 4 horas

  • 4 de Outubro – De 10:00 h. a 14:00 h. – Fac. CC. da Educación (Campus VIDA/SUR) 
  • 4 de Outubro – De 16:30 h. a 20:30 h. – Fac. CC. da Educación (Campus NORTE) 

Sesión 2: Introdución á metodoloxía Aprendizaxe-Servizo (Javier Agrafojo e Alexandre Sotelino) = 2 horas

  • 2 de Outubro – De 16:30 h. a 18:30 h. – Fac. CC. da Educación (Campus VIDA/SUR)
  • 5 de Outubro – De 10:00 h. a 12:00 h. – Fac. CC. da Educación (Campus NORTE)

* ​NOTA: Deberase escoller data e hora para cada unha das sesións (ver formulario

Información adicional: