O GI Esculca organiza o “V Encontro da Comunidade de Accións e saberes Arredor do Rural: Redes rurais, educación e cooperación para outro desenvolvemento“, unha actividade que pretende fomentar o encontro entre entidades rurais, alumnado e profesorado que teñan interese na posta en práctica da metodoloxía Aprendizaxe-Servizo vinculada ao medio rural. Esta actividade terá lugar o vindeiro 10 de novembro de 2023 no Espazo colaborativo Daquí darredor no CC MOnte Balado (Brión).
Este encontro está recoñecido como actividade formativa pola USC para o estudantado polo Servicio de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU). Asemade, haberá un xantar común proporcionado pola Asociación Darredor.