Novas do GI Esculca

Exposición “As Mulleres tamén emigran” na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida)

31 Outubro 2023
Categorías: Breves | Novas

O GI Esculca, coincidindo co Seminario de Atención Educativa ao alumnado inmigrante, organiza a exposición “As Mulleres tamén emigran”. Esta mostra da Fundación 10 de Marzo fai un percorrido polos principais fitos das migracións femininas ao longo da historia. Estará dispoñible na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida/Sur) entre os días 3 e 13 de Novembro en horario de 9:00 a 21:00 h.