O proxecto titulado “¿Sentimos medo cando non dispoñemos do teléfono móbil?: Análise da nomofobia en estudantes de Educación Secundaria”, desenvolvido no Marco do Programa STEMBach (bienio 22-24) e coordinado pola Profa. Iris Estévez, membro do GI Esculca (USC) e a Profa. Alba Souto do GI Mestura (USC), foi presentado e defendido o 12 de abril de 2024 polo alumnado do IES Sofía Casanova de Ferrol, obtendo a máxima cualificación por unanimidade do tribunal.
O proxecto dirixido por ambas profesoras está creado ao abeiro da Estratexia galega para a educación dixital, promove a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica e permite unha conexión directa co ensino universitario.