No pasado día 7 de novembro celebrouse unha reunión na Università degli studi di Verona (Italia) no marco do Proxecto Erasmus + “Mobilising university-community resources through SL(M) for the inclusion of migrants/refugees”, na que participaron todos os socios.
Tratouse dunha reunión de seguimento e difusión do traballo levado a cabo ata o momento, ademais de abordar o impacto da ApS nas entidades sociais e nas persoas refuxiadas. Así mesmo, presentáronse o MOOC e a Guía de buenas prácticas en la universidad para la inclusión de personas migrantes y refugiadas en Europa: el Aprendizaje-Servicio como recurso educativo.