O vindeiro 13 de novembro, no marco das actividades da Comisión de Cultura e Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación, desenvolverase a mesa redonda titulada “Centros Rurais Agrupados: unha conversa coas mestras”, impartido pola Profa. Antía Raquel Piñeiro Otero do CRA de Valga e pola Profa. Raquel Rodríguez Giralt do CRA Amencer.
A actividade, que se levará a cabo ás 16:00 no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación no Edificio Norte, está destinada ó alumnado de 1º do Grado de Mestre/a en Educación Primaria. Con todo, a sesión está aberta a toda a comunidade académica e ao público en xeral, sen necesidade de realizar inscrición.
A organización da referida xornada está a cargo das profesoras Patricia A. Ruido e Laura García Docampo e o Prof. David Álvarez Caneda, pertencentes ó Grupo de Investigación ESCULCA.