Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the health-check domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/esculca/public_html/wp-includes/functions.php on line 6121
Acadado novo contrato no seo do GI Esculca | Grupo de Investigación ESCULCA

Novas do GI Esculca

Acadado novo contrato no seo do GI Esculca

3 Outubro 2024
Categorías: Novas

O contrato “Asistencia técnica para a análise, elaboración e aplicación de novos criterios a considerar no baremo de subvencións de concorrencia en materia deportiva” ten como obxecto elaborar unha proposta de criterios a considerar no baremo de subvencións de concorrencia en materia deportiva do Concello de Santiago, tanto  para aquelas destinadas a entidades como para deportistas individuais.
Partirase dunha análise de diferentes convocatorias doutras administracións públicas a nivel autonómico, provincial e local; elaborarase un esquema detallado comparando os criterios empregados en cada convocatoria, agrupando estes polas súas similitudes; crearase unha listaxe ordenada e xustificada de criterios axustados aos obxectivos definidos polo Concello, así como ao contexto e á realidade do deporte federado compostelá; e finalmente, farase unha proposta de baremo para o exercicio 2025.