Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the health-check domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/esculca/public_html/wp-includes/functions.php on line 6121
Arranca a iniciativa “Comunidade de accións e saberes arredor do rural” | Grupo de Investigación ESCULCA

Novas do GI Esculca

Arranca a iniciativa “Comunidade de accións e saberes arredor do rural”

3 Febreiro 2021
Comunidade de accións e saberes
Categorías: Destacadas | Novas

Esta iniciativa xurde no seo do GI ESCULCA e grazas ó financiamento do programa de axuda para contratos posdoutorais Juan de la Cierva-Formación. É unha iniciativa compartida coa Asociación Avoar que aborda a construción dunha comunidade que quere reunir os esforzos de centros educativos e proxectos de desenvolvemento rural sostible para traballar conxuntamente pola construción da sostibilidade e a formación do alumnado para esta.

Elabórase arredor da Aprendizaxe-Servizo como ferramenta principal, pola súa capacidade para tecer colaboracións e orientarse ós Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Inspirada en experiencias anteriores como o Proxecto Europeo Rural 3.0 e o PEMAN (Programa de Estudos en Man Común) entre outros, pretende contribuír á democratización dos procesos de creación de coñecemento, á calidade educativa e á sostibilidade. 

Esta comunidade ten como ámbito territorial a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Nos próximos meses, diferentes axentes educativos e asociativos conformarán a comunidade, no seo da cal se han de crear proxectos de Aprendizaxe-Servizo que permitan a creación de saberes e de accións como bens comúns. 

Máis información en d.garcía.romero@usc.es e avoar@inventati.org