As profesoras Cristina Varela, Patricia A. Ruido e Bibiana Regueiro, integrantes do GI ESCULCA (USC) veñen de publicar o artigo “Los planes de estudio en Educación Superior: ¿Es el género una prioridad?”, no último número da Revista Fuentes, indexada en SCOPUS (SJR, Q2).
O estudo céntrase en identificar as materias de xénero impartidas nas titulacións de Educación e visibiliza a necesidade de revisar os plans de estudo de todas as facultades para dotar de máis e mellores ferramentas de formación en materia de traballo desde, por e para a igualdade de xénero.
Ver artigo