Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the health-check domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/esculca/public_html/wp-includes/functions.php on line 6121
Ciencias da Educación fomenta a motricidade e a expresión corporal das crianzas a través dos oficios tradicionais galegos | Grupo de Investigación ESCULCA

Novas do GI Esculca

Ciencias da Educación fomenta a motricidade e a expresión corporal das crianzas a través dos oficios tradicionais galegos

19 Abril 2022
Categorías: Breves | Novas

O profesor Javier Rico Díaz, membro do GI Esculca, realizou unha entrevista para o Xornal da USC para conversar sobre a iniciativa ‘Oficios en miúdo’ que se desenvolve a través da metodoloxía aprendizaxe-servizo. A finalidade desta actividade consiste en potenciar o desenvolvemento da expresión corporal e a comunicación, así como a motricidade de nenos e nenas de 0 a 6 anos, a través do coñecemento dos oficios tradicionais galegos. Esta iniciativa enmárcase dentro do programa Expresión Corporal e Aprendizaxe-Servizo (ApS), tamén coñecido como ‘EXCORAS’.

Máis información