Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the health-check domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/esculca/public_html/wp-includes/functions.php on line 6121
Coloquio Nacional Os Complementos Retributivos Adicionais do Profesorado Universitario en España | Grupo de Investigación ESCULCA

Novas do GI Esculca

Coloquio Nacional Os Complementos Retributivos Adicionais do Profesorado Universitario en España

14 Decembro 2021
Os complementos retributivos
Categorías: Destacadas | Novas

O pasado 25 de novembro tivo lugar na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) un Coloquio Nacional sobre o tema dos Complementos Retributivos Adicionais do Profesorado Universitario. O Coloquio, coordinado polo Prof. Miguel A. Santos (Coord. da Rede RIES e do GI ESCULCA), foi inaugurado ás 10h. polo Secretario Xeral de Universidade da Xunta de Galicia, Alberto Diez de Castro, e a Presidenta do Consello Rector de ACSUG, Patrocinio Morrondo. Ás 10:30h. celebrouse unha Mesa de Debate sobre a xestión (académica e técnica) dos devanditos complementos, e ás 12:30h. Francisco Michavila, Prof. Emérito da Universidade Politécnica de Madrid e Director Executivo da “Universidad Franco-Española” (2017-2018) pronunciou a Conferencia “A Universidade, e o seu profesorado, ante o futuro de Europa”