O Proxecto TRAZAS: Tecendo redes para a cidadanía global: a consolidación dun modelo de aprendizaxe-servizo e cooperación ao desenvolvemento foi concedido na convocatoria 2025 de proxectos de investigación en cooperación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia.
O investigador principal é Alexandre Sotelino Losada, profesor do GI Esculca da USC. O proxecto, cunha duración de dous anos, presentouse en agrupamento con Farmamundi e conta coa colaboración da Universidade de Cabo Verde.