Novas do GI Esculca

Concedido proxecto de investigación para o desenvolvemento

18 Setembro 2023
Categorías: Breves | Novas

Nos pasados días resolveuse a convocatoria  de investigación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia onde o proxecto titulado “Aprendizaxe-servizo e Cooperación para o Desenvolvemento. Formando para a Cidadanía Global “, cuxo IP é o profesor Alexandre Sotelino Losada, obteu a maior puntuación na valoración global situándose no primeiro posto e obtendo financiamento para a súa consecución. 

Ver resolución de concesión