Novas do GI Esculca

Concedido un novo proxecto na convocatoria estatal para investigacións feministas de 2025

22 Outubro 2025
Categorías: Breves | Novas

O GI Esculca vén de acadar un novo proxecto vencellado á convocatoria para proxectos de investigacións feministas correspondente ao ano 2025, promovida polo Instituto de las Mujeres do Ministerio de Igualdade.

A proposta, titulada Las mujeres gitanas y su capital cultural y social: los fondos de conocimiento como vía de optimización, estará coordinada por Gabriela Míguez Salina, profesora da USC e membro do GI Esculca. O proxecto contará tamén coa participación doutras investigadoras e investigadores do grupo.

Ver resolución