A Profa. Cristina Varela Portela e a Investigadora Predoutoral Anaïs Quiroga Carrillo, do GI ESCULCA, dirixirán durante os días 2 e 3 de setembro o curso de verán “Tras os pasos de Concepción Arenal: é posible educar no medio penitenciario?”, de 15 horas de duración, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
O prazo de matrícula vai dende o 10 de maio ata o 25 de agosto (Taxa xeral: 70€; Taxa reducida para estudantes, pensionistas, desempregados/as, etc.: 40€).
Máis información: 881 813 837