Novas do GI Esculca

Curso para alumnado universitario en Aprendizaxe-Servizo no marco do Proxecto Erasmus+ 

16 Xaneiro 2024
Categorías: Breves | Novas

O GI Esculca organiza no marco do proxecto Erasmus+ “Mobilising university-community resources through SL(M) for the inclusion of migrants/refugees” [2022-1-ES01-KA220-HED-000087650], un curso para alumnado universitario en Aprendizaxe-Servizo no eido da migración e refuxio. Esta formación é gratuíta e conlevará un recoñecemento de 6 horas por parte do SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria) da USC.

A sede do curso será a Facultade de Ciencias da Educación no seu edificio do Campus SUR. 

Programa:

Sesión 1: Análise das necesidades sociais das persoas migrantes/refuxiadas (ACCEM) = 4 horas

  • 20 de FEBREIRO – 10:00 H. A 14:00 H.
  • 21 de FEBREIRO – 16:30 H. A 20:30 H.

Sesión 2: Introdución á metodoloxía Aprendizaxe-Servizo (Javier Agrafojo e Alexandre Sotelino) = 2 horas

  • 20 de FEBREIRO – 16:30 H. A 18:30 H.
  • 21 de FEBREIRO – 10:00 H. A 12:00 H.

* ​NOTA: Deberase escoller data e hora para cada unha das sesións (ver formulario)

Información adicional:

Prazo de inscrición: Do 17 de xaneiro ao 18 de Febreiro de 2023

Link para inscrición