Novas do GI Esculca

Defensa de dúas teses de doutoramento no mes de xaneiro de 2020

26 Decembro 2019
Categorías: Tese

O ano 2020 comezará coa defensa de dúas teses de doutoramento realizadas no seo do GI ESCULCA.

A primeira delas é a de Leticia López Castro, que leva por título “Cyberbullying entre nenos e nenas de Educación Primaria. Prevención e proposta de intervención”, e que foi dirixida pola profesora Diana Priegue. O acto de defensa terá lugar o día 17 de xaneiro ás 11 h. na Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).

A segunda, cuxa autora é Luciana Bigolin Martini, titúlase “La gestión educativa de la diversidad étnico-cultural en la enseñanza superior de Brasil: El caso del Instituto Federal de Educación, Ciencia y Tecnología de Goiás”, foi dirixida polo profesor Miguel A. Santos Rego. Neste caso, a defensa será o día 29 de xaneiro ás 11 h., na mesma Sala de Xuntas.