A profesora da Universidad Pablo de Olavide (UPO – Sevilla) e investigadora do proxecto ApSuni-C, Rosa María Rodríguez Izquierdo, realizará unha estancia no Grupo de Investigación Esculca, entre os días 12 e 29 de xuño de 2023.
A finalidade desta estancia, entre outros motivos, é estreitar vías de colaboración e traballo mancomunado entre a USC e a UPO, no marco do proxecto sobre Aprendizaxe-Servizo Universitario e Comunidad (APSUNI-c).